Do 1 ao 3 de decembro

Horarios de apertura ao público:
11:30 a 14:00 / 16:00 a 21:00

Horarios de apertura ao público:
11:30 a 14:00 / 16:00 a 21:00

Asociación Culturgal

Culturgal está organizada pola asociación do mesmo nome, presidida por Víctor López e constituída en 2010 para dar continuidade e estabilidade a unha feira que arrancara de maneira exitosa en 2007. Forman parte de Culturgal as asociacións profesionais máis representativas do sector: Asociación Galega de Editores (AGE), Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet), Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi).

Culturgal é a Feira das Culturas Galegas, un evento que se celebra anualmente e que en 2023 chega a súa decimo sexta edición do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. A xornada do xoves 30 de novembro está dirixida exclusivamente a público profesional, asociacións, entidades e empresas.

Ademais de poder achegarte aos máis de 80 postos dedicados a libro, música, teatro, audiovisual, infantil, tecnoloxía e máis, Culturgal conta con programación durante os 3 días. Todo nun recinto feiral de 4.875 metros cadrados.

A asociación Culturgal, na que están integradas as seguintes asociacións gremiais: Asociación Galega de Editores, Escena Galega, Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e EGANET (Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías.

Culturgal 2023 celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa Alexandre Bóveda s/n) do 1 ao 3 de decembro. O xoves 30 de novembro está aberto só para público profesional. O recinto de Cultural é:

Pazo da Cultura de Pontevedra
RUA ALEXANDRE BÓVEDA, S/N
36005 Pontevedra
986 833 061
www.pazodacultura.org
Ver: http://culturgal.com/informacion-util/como-chegar-a-culturgal/

Horario para público xeral:

Venres 1 de decembro de 11h a 21h

Sábado 2 de decembro de 11h a 21h

Domingo 3 de decembro de 11h a 20h

 

O Pazo da Cultura de Pontevedra conta cun amplo parking tanto na entrada principal como na parte superior de acceso ao Auditorio e cafetería do recinto, máis recomendable xa que a infraestrutura da Feira ocupa boa parte da explanada principal. Animamos, en todo caso e sempre que sexa posible, ao uso do transporte público nos desprazamentos á cidade durante Culturgal, sexa autobús ou tren.

O recinto da Feira está preparado para recibir a persoas con mobilidade reducida, incluídas aquelas que se moven en cadeira de rodas. O Pazo da Cultura conta con ascensor

Existe un servizo de visitas guiadas en lingua de signos para aquelas persoas que o demanden.
Visitas especiais concertadas para grupos, escolares, asociacións…

Existe algún correo electrónico da Feira para o público xeral?

Para calquera suxestión, consulta, queixa ou anotación que queiras facer, podes dirixirte ao correo electrónico info@culturgal.com. 

Se es unha escola, asociación ou entidade sen ánimo de lucro contacta con nós e consúltanos. No correo electrónico info@culturgal.com.

Na web www.cultur.gal desde aproximadamente unha semana antes da Feira, aínda que irá facéndose público gradualmente desde novembro na mesma canle e nas redes sociais. A web da Feira actualízase constantemente polo que constitúe o soporte máis fiable para coñecer a programación de actividades. Séguenos en facebook, instagram e twittter!

Non hai ningún caixeiro automático dentro do recinto nin nos arredores deste. Boa parte dos expositores contan con terminais tpv facilitando o pago con tarxeta.

Se perdes algún obxecto diríxete ao mostrador de información na entrada da Feira. O mesmo, se o atopas.

Por suposto, sempre que respectes os dereitos das persoas fotografadas ou gravadas e o material non teña uso comercial ilícito ou indebido.

Organiza:

Patrocina:

A cita con culturgal 2023

Culturgal, un evento único que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos en Pontevedra. Este ano a Feira das Culturas Galegas terá lugar do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura, onde os públicos poderán achegarse ás as novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte. Unha oferta de programación contemporánea e representativa da acción cultural no país con avances, estreas e actualidade, asi como un amplo punto de información e compra da produción cultural do ano.

Culturgal quere favorecer tamén o seu carácter como escenario de encontros entre profesionais e sectores, e de espazo para o nacemento e consolidación de proxectos. A Feira das Culturas Galegas busca reforzar os vínculos coas diferentes asociacións gremiais e promover a comunicación entre todos aqueles axentes e sectores que participan da actividade cultural.

Así foi Culturgal 2022