Feira do libro e da Industria Cultural. Pazo de Congresos e exposicións de Pontevedra do 10 ao 13 de maio de 2007

A creación galega máis vangardista e innovadora en diferentes ámbitos e estilos; as últimas tendencias creativas que xurden en Galiza; a calidade na música, nas artes escénicas, na danza, na poesía... Todo xunto en Music.gal
O hip hop de Dios ke te Crew; a fusión e habaneiras de Marful; a fusión e ritmos tropicais de O Sonoro Maxín; o pop electrónico de Projecto Mourente; o power pop de The Homens; a danza contemporánea de Proxecto Zocas; a poesía posta en escena de Yolanda Castaño e Estíbaliz Espinosa; a creación gráfica de Pancho Lapeña e Federico Martínez..., e todo conducido por Chévere e presentado por Belén Regueira.
Music.gal. Espectáculo musical e multidisciplinar
A cultura que facemos. Descúbrea en Cultur.gal
SÁBADO 6 DE DECEMBRO
21.30 H
CULTUR.GAL 08. PALEXCO. A CORUÑA
A mellor música de diferentes estilos:
A poesía posta en escena:
A danza máis contemporánea:
A creación gráfica e plástica máis vangardista:
As artes escénicas como fío condutor do espectáculo:
E unha presentadora presentando o espectáculo:
ENTRADAS
A entrada é libre e gratuíta até completar aforo.
Mais previamente pódense recoller convites:
Ás persoas que previamente recollan convite garantiráselles localidade.
Organiza:
Colabora: