Feira do libro e da Industria Cultural. Pazo de Congresos e exposicións de Pontevedra do 10 ao 13 de maio de 2007
O novo espectáculo do Xabarín comeza a rodar no Cultur.gal
O músico Pablo Novoa contounos como foi o proceso de redeseño da XabaXira e as novidades musicais e argumentais do novo espectáculo do porco bravo, que terá que lidar cun contrincante malvado que lle quere usurpar o posto.
O novo espectáculo do Xabarín comeza a rodar no Cultur.gal. O porco bravo máis popular segue desatando as paixóns dos máis novos, que ocuparon todas as localidades. Pablo Novoa, que tocou en grupos tan diversos como La Marabunta ou Golpes Bajos, éo responsable de boa parte dos clásicos do programa da TVG, que deu a coñecer as bandas de rock galegas emerxentes nos 90. E agora encárgase dos temas do musical.
Como vai ser ese novo espectáculo do Xabarín? Fará referencia aos temas clásicos?
Ten sobretodo temas novos. A idea era facer todo novo, facer un musical dende cero, non utilizar tampouco os guións e as ideas que tiña xa o programa, que leva 13 anos, senón partir dun guión novo e facer música nova. Cando en xullo tiñamos unha idea clara dun boceto, que isto depende de Chévere, de Manolo Cortés que éo que fai o guión, falan comigo para facer a música e con Nicolás Pastoriza para facer as letras. A idea era que todos fosen novos. Pero para o guión quedaba moi ben utilizar un tema vello, o Satélite Xabarín, que agora se chama Satélite Polborín, porque a idea era comezar co malo usurpando o posto do Xabarín. A mellor forma de deixar claro nun musical que o malo usurpaba o posto do bo era que cantase unha canción do xabarín coa letra adaptada.
O Xabarín que coñecemos tiña moito espírito bravú, mantense agora?
No musical, a música tes que adaptala a cada situación, por tanto moitas veces non ten unha liña tan definida como música en si mesma, porque estás ao servizo do espectáculo. O espectáculo pide unha cousa tétrica e tes que facer algo duro. Dentro diso, quixemos saírnos un pouco do rock and roll clásico, que era a idea xeral que levaba tantos anos facendo o Xabarín. Incluso a nova cabeceira, que ten dous anos, tamén érock and roll, pero no espectáculo sempre estamos dentro do rock e utilizamos outras cousas, que estabamos vendo que nos gustaban moito para intentar darlle outro carácter que non fose o de sempre. A maneira de darlle un toque diferente era tomar as cancións dende outro sitio. Ten un pouco de soul, aproveitei para facer moitas gravacións de violíns... E logo hai outras partes que remiten máis aos Beach Boys. E o terreo do malo está máis dentro do heavy, que eu non fixera nunca. Ves moitos musicais, escoitas moita música e o do malo está baseado nas películas de Tim Burton.
Cambia logo de formato o espectáculo do Xabarín cara o musical, un xénero non moi cultivado en Galicia...
Para facer un musical un pouco ben éunha cousa cara de facer. A xente que traballamos no Xabarín estamos pensando sempre en ideas novas, esas cousas van quedando aí, moitas non se fan nunca, non éo momento, non hai cartos para facelas... E nun momento determinado pensouse que facer un musical podería darlle un aire novo ao Xabarín, que penso que lle facía falta.
En canto ás letras, como varían con respecto ao Xabarín inicial?
Se eu tiven que pegarme ao guión de Manolo Cortés, o letrista, Nicolás Pastoriza, moitísimo máis. Nun musical, non só as letras teñen que ir dun tema, senón que moitas veces éa parte argumental. Nico tivo que seguir moi claramente as liñas que lle ían dando. O que pasa éque este Xabarín émenos repugnante. Nos espectáculos do 98, había unha parte na que o Xabarín era un ególatra, a todos nos gustaba iso, os que fan 'jugarretas', non os debuxos bos, e o Xabarín tiña esa vertente. No musical, as bazas negativas xa as ten o malo, entón o Xabarín está máis melancólico ao principio, despois se cabrea e se pon en pé, pero non ten xa esa compoñente de repugnantiño que tiña.
Cal éo argumento do espectáculo?
O argumento fíxose partindo do que os nenos coñecen do Xabarín e collendo a figura dun malvado, que nunca estivo nin nos espectáculos nin no programa. Neste caso pensouse nun polbo, chamado Polborín, porque usurpa o seu posto. No momento do espectáculo vese que todo está pensado, que o polbo vén a dominar a terra, que éunha especie de mafia que está crecendo polo mundo, e o Xabarín ao principio está baixo de moral, porque o botaron fóra, e hai un par de números en que os seus compañeiros lle dan ánimos, e el érguese e deciden ir a polos polbos. Fan unha nasa, e como o polbo éun famento, poñen a unha rapaza de cebo, e gañan os bos.
í xeración que medrou co programa xa se lle chama Xeración Xabarín, o porco bravo pode seguir sendo un símbolo para as seguintes xeracións?
Todo depende de que haxa ideas. A idea do boneco émoi boa, gañáronse moitos premios, Suso Iglesias, o director da tele hoxe, e que foi o que puxo en marcha todo isto, percorreu un par de países do mundo recollendo premios. Que no futuro siga vai depender de que haxa ideas novas, que teñan que ver cos rapaces de cada época. Se o Xabarín está ao día, pode seguir sendo, como segues vendo a Chaplin e ris porque son eternos. Un programa de televisión ten que ir pegado ao día a día, e logo sabemos que nas televisións funcionan cuestións políticas, cansanzo, cambios de dirección e de produción que poden facer que nun momento determinado decidan ir por outro lado.
Logo da estrea, cales serán os plans do Xabarín?
O de hoxe éunha proba de fogo para ver como funciona todo, se hai que recortar unha canción porque quedou moi longa... Moitas cousas que ata que non está o espectáculo na presentación non tes claro. Queda un pouco de traballo, pero teoricamente, en xaneiro empezaría a rodar.