Cultur.gal

Feira do libro e da Industria Cultural. Pazo de Congresos e exposicións de Pontevedra do 10 ao 13 de maio de 2007

Saltar menú


Nenos e pais gozaron coa versión de "Mobi Dick" dos Quinquilláns

O Cultur.gal dos pequeniños

Os Quinquilláns

Os máis novos protagonizaron a última xornada da feira, que nos primeiros dí­as tivo un corte máis profesional. A preestrea do novo espectáculo do Xabarí­n e os distintos obradoiros captaron a atención dos nenos durante todo o dí­a.

[07/12/2008]

"Ditosos os nenos que veñen cos pais nunha mañá de domingo ao Culturgal", dixo o escritor Xavier Seoane na presentación da colección írbore de Galaxia. Os máis novos protagonizaron a última xornada da feira, que nos primeiros dí­as tivo un corte máis profesional. A preestrea do novo espectáculo do Xabarí­n e os distintos obradoiros captaron a atención dos nenos durante todo o dí­a.

 

Entre as actividades estrela destaca o obradoiro de animación de stop-motion, organizado polo Clúster Audiovisual Galego, e que convidaba aos rapaces a modelar en plastilina o personaxe do gato da serie 'E por que?' para despois experimentar coas máis primitivas técnicas de animación. Os rapaces (e as nais) puideron aprender tamén a facer narices de porco con fariña, barbas e cellas con cepillos de dentes e dentaduras con Sugus, no obradoiro de maquillaxe. Todo con materiais básicos e caseiro. Tamén houbo teatro para público familiar, 'Mobi Dick' da man dos Quinquilláns.

 

Para o público de seis a oito anos, organizáronse tamén obradoiros de música e danza, e aos máis grandiños, Serxio Regos 'Garcí­a' de Dios ke te Crew, ensinou as bases do rap en galego.

 

A literatura para os cativos tamén tivo protagonismo especial, coa presentación da colección írbore Os Duros, de álbumes ilustrados realizados por creadores galegos para "os duros da casa e en tapas duras", explicou o escritor e editor XoséAntón Neira Cruz. En total, presentáronse dez tí­tulos da colección, a cargo de artistas como XoséTomás, Paula Mariño, Renata Otero e David Soler e de escritores como Gloria Sánchez, Xavier Seoane e Paco Martí­n.

 

E mentres os nenos xogaban e se divertí­an na festa da cultura galego, os adultos quedaban entretidos noutros mesteres, como o recital poético-musical dedicado a Rosalí­a de Castro a cargo de Anxo Angueira e O Leo, titulado 'Pola poesí­a', a presentación do CD-DVD 'Isolma', as sinaturas de libros a cargo de Chano Eiroa, Marcos Calveiro e Rubén Ruibal ou nos concertos a cargo dos grupos do proxecto Nsaio, como Chotokoeu, Os trasnos de Moscoso, Chámalle Xis.


 


Pdf para descargar

Aviso legal | Accesibilidade