Cultur.gal

Feira do libro e da Industria Cultural. Pazo de Congresos e exposicións de Pontevedra do 10 ao 13 de maio de 2007

Saltar menú


Estímase que unhas 35.000 persoas se achegaron á Feira nestes catro días

O Cultur.gal triplica o número de visitantes da edición anterior

Foto de ambiente xeral na feira

O Cultur.gal pecha hoxe as súas portas cunha estimación de 35.000 visitantes ao longo dos catro dí­as, un gran salto con respecto á primeira edición, que aglutinou unhas 10.000 persoas.

[07/12/2008]

A Feira das Industrias Culturais, o Cultur.gal, pecha hoxe as súas portas cunha estimación de 35.000 visitantes ao longo dos catro dí­as, "un grande salto" con respecto á pasada edición, celebrada en Pontevedra, que aglutinou unhas 10.000 persoas.

 

O director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luí­s Bará, fai un balance "positivo" da feira, que "superou mesmo as mellores expectativas no que respecta á presenza de profesionais e empresas, pero sobre todo de público".

 

Dende a Consellerí­a consideran que se trata xa dun "evento consolidado" que hai que manter nos vindeiros anos, na mesma época e probablemente na mesma cidade. "í‰ unha decisión que se tomará no seu momento coas opinións de todos os sectores e entidades implicadas na organización, pero ten que ter unha localización estábel, e A Coruña ten todos os boletos", explica.

 

A época de Nadal segue a ser a de maior atractivo para os organizadores, e mesmo se lanzará unha campaña que dea continuidade ao Cultur.gal para promover a compra de produtos audiovisuais galegos.

 

En canto aos retos para os próximos anos, Bará apunta que "hai que ampliar a oferta de produtos e servizos" cunha maior presenza da música, do audiovisual e das novas tecnoloxí­as e incorporar outros sectores como o patrimonio, o turismo ou a artesaní­a. "Non se explotou a capacidade de atracción que poden ter persoeiros do mundo audiovisual e musical, como acontece coa literatura, que xa prensentan aquí­ as súas novidades", opina. Tamén considera mellorable a proposta de actividades para o público, para acadar unha maior diversificación e oferta, e bota en falta unha maior participación de programadores, "sobretodo públicos, como técnicos e concelleiros de Cultura".

 

 

O sábado, dí­a grande

O dí­a de maior afluencia da Feira foi o sábado, cuns 12.000 visitantes, segundo datos da organización. Na primeira xornada, pasaron polo Palexco unhas 4.000 persoas, unha cifra que se duplicou no seguinte dí­a. Na xornada de hoxe estí­mase a presenza dunhas 11.000 persoas.


 


Pdf para descargar

Aviso legal | Accesibilidade