Culturgal:

Pazo da cultura de Pontevedra

RUA ALEXANDRE BÓVEDA, S/N
36005 Pontevedra
986 833 061
www.pazodacultura.org

 

O Pazo da Cultura atópase na rúa de Alexandre Bóveda, a escasos dez minutos do centro urbano e perfectamente comunicado coas principais vías de entrada. Ten un amplo aparcadoiro con capacidade para 1.300 automóbiles, polo que o acceso en coche é cómodo e sinxelo. Tanto dende Vigo como dende Santiago ou A Coruña, hai que tomar a saída 129 da AP-9 (Pontevedra Norte) e seguir as indicacións cara á PO-531. Unha vez na PO-531, hai que xirar á esquerda cara á Avenida de Domingo Fontán, tomar a segunda saída na rotonda en dirección Rúa de Juan Manuel Pintos e, de novo, a segunda saída na rotonda cara á N-550. De seguida veredes un edificio enorme ao pé do río. É o Pazo.

 

En bus

Existen múltiples posibilidades para chegar a Pontevedra dende calquera outro punto de Galicia en bus interurbano. Resumímosvolas, cos seus horarios, nun documento que podedes descargar aquí, pero recomendámosvos que antes de iniciar a viaxe comprobedes que non hai cambios consultando directamente coas empresas que prestan o servizo. Todos os contactos están no documento.

 

En tren

Se vivides na cornixa atlántica, probablemente prefirades coller o tren. Culturgal ten un convenio de colaboración con Renfe, en virtude do cal todas as persoas que collan o tren para acudir á Feira das Industrias culturais poderán beneficiarse dun desconto do 30% no prezo do billete. Para facelo, só tedes que descargar e imprimir esta cédula. Cubrídea e levádea á vosa estación ou oficina de venda de referencia. Alí daranvos o billete co desconto establecido. Iso si, este desconto non é acumulable a ningunha outra oferta e os cambios e anulacións teñen a mesma consideración que os emitidos coa tarifa xeral. Podedes consultar os horarios e tarifas xerais na web de Renfe.

 

Dende a cidade

Para chegar ao Pazo dende calquera outro punto de Pontevedra, podes camiñar, chamar un taxi (Radiotaxi: 986 86 85 85 ) ou coller un bus urbano. A rede de buses de Pontevedra está operada pola empresa Grupo As Rías e conta con catro liñas urbanas e varias liñas comarcais. Tanto a liña 2 como a liña 5 pasan polas inmediacións do Pazo da Cultura.