Culturgal:

Esgótanse as prazas para o Foro Culturgal
profesional1

27/11/12

Categoría:

Foro

Tags:

Esgotáronse as prazas para asistir ás dúas xornadas do Foro Culturgal, polo que a tres días de comezar Culturgal queda definitivamente pechada a inscrición tanto para o encontro COMPARTINDO MULTIPLICAMOS. MESA DE TRABALLO PARA AXENTES CULTURAIS ( GAL / ES ) como para a xornada de difusión e formación FERRAMENTAS TIC E MULTIMEDIA NAS AULAS, UNHA VISIÓN PRÁCTICA (GAL). A gran acollida que tiveron as propostas profesionais deste ano e o feito de que estean acreditados para a Feira máis de 1000 traballadores do sector dan boa conta da consolidación de Culturgal como punto de encontro privilexiado, único na península, polas posibilidades que ofrece para descubrir sinerxias entre profesionais de distintos sectores das industrias creativas.

Eres profesional das industrias creativas, estudiante, creador/a ou simplemente tes curiosidade polo funcionamento do sector cultural e quedaches sen oco no Foro Culturgal? Non te preocupes, aínda que as inscricións ao Foro están pechadas, en Culturgal hai moito máis...

 

Actividades profesionais abertas

Podes asitir, por exemplo, ás mesas redondas organizadas por Escena Galega, que debaterán sobre O nacemento do teatro profesional en Galicia, O teatro para nenos e nenas, e A nova escena galega. A Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (Crea) organiza tamén dúas mesas redondas abertas ao público no Culturgal: O director e os dereitos de difusión cultural e O director no audiovisual galego.

Nas presentacións dos proxectos Womex 2014 en Santiago de Compostela e MICA 2013 - Mercado de Industrias Culturales Argentinas podes coñecer algo máis de cerca como se organiza unha feira internacional de música e achegarte aos seus responsabl.es. Tamén estarán presentes na Feira os participantes no Encontro con Axentes Artes Escénicas da Lusofonía e todos os programadores, creadores e xestores que estarán presentes no Foro, dos que podemos destacar a Víctor Flores, director cultural de Red Bull; Jordi Durán, director artístico de Fira Tarrèga 2012, Cristina Alonso, responsable do Espazo de Creación de Graner; Fernardo Bernués, director cultural de Donosti2016; Juanjo Corrales, director del Festival Internacional de Títeres y Mimo y organizador del Womex 2012, e Rui Cervera director do festival Sementes de Portugal. Aínda que non asistades ao Foro, teredes oportunidade de atoparvos con todos eles na Feira.

 

Actividades de interese os distintos gremios

Ademáis, dentro do amplo programa de actividades, identificamos as que poden ser de maior interese segundo o teu perfil profesional. Só tes que descargar o teu itinerario! 

Itinerario proposto para xestores culturais

> Itinerario proposto para profesionais da música

> Itinerario para profesionais das artes escénicas

> Itinerario proposto para sector do libro

> Itinerario para profesionais do audiovisual

> Itinerario para profesionais TIC

Por suposto, recomendamos que lle botes un ollo aos outros itinerarios e ao programa xeral para aproveitar todas as perspectivas que che ofrece a Feira.

 

Culturgal, punto de encontro

As feiras son espazos de encontro cos clientes e provedores pasados, presentes e futuros, con socios e competidores e, nalgúns casos, co público xeral. Nós, que somos dunha terra de bós feirantes, sabemos que non hai web nin mailing nin rede social tan poderosa como un encontro cara a cara.

Para organizar a vosa axenda, revisase en primeiro lugar a lista de entidades expositoras dos distintos sectores: libro e lingua no Salón; medios, audiovisual, deseño e TIC no Garaxe; escénicas e música no Patio. Tamén, é importante que botedes unha ollada ao listado de profesionais asistentes. O acceso á Feira é libre, polo que de seguro que vos atoparedes con moitas máis persoas interesantes. Unha boa recomendación é que comentedes nas vosas redes sociais que vades visitar Culturgal, para que a xente que queira falar con vós poida sabelo.

Outra boa opción para contrastar ideas e estreitar relacións son os Xantares de Culturgal na pausa de 14:30 a 16:30 na que a feira pecha ao público. Ofrecerase un menú completo cun prezo razonable: 10,00 € por persoa con 1º e 2º prato a escoller entre varias opcións, bebida, pan, sobremesa caseira e café incluídos. Solicitade a vosa praza antes do día 28 de novembro aquí.

Para organizar axenda, contactos e optimizar o tempo adicado á Feira deixámosvos algunhas ideas máis na nosa guía d@ feirante

Se aínda así quedades con algunha dúbida, escribídenos a organizacion@culturgal.com