Culturgal:

Quen somos

Diversos estudios elaborados sobre as Industrias Culturais en Galicia indican que as empresas do sector representan, en xeral, entre o 1,8 e o 2% do PIB galego. Segundo recolle un recente informe elaborado pola Agadic, nas industrias culturais e creativas conflúen 3.814 empresas que dan traballo a 17.500 persoas e que no 2009 facturaron conxuntamente 1.134 millóns de euros. É esta industria, a través das súas asociacións sectoriais máis representativas, quen desde 2010 se responsabiliza directamente de Culturgal, garantindo así a continuidade do proxecto e o asentamento dunhas liñas de traballo sólidas. Os seus membros asumen a organización do evento para darlle viabilidade ao proxecto, cunha folla de ruta trazada activamente polo sector e co obxectivo prioritario de visibilizar a oferta cultural do país.

Asociacións

age escena galega agaphono
Asociación Galega de Editores (AGE) Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega) Asociación Galega de Produtoras Fonográficas (Agaphono)
eganet agapi
Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet) Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi)