Última actualización 15 Novembro, 2017 10:24 AM

Expositores Culturgal 2017

A partir do 20 de xuño xa podes reservar o teu stand en Culturgal 10. Ábrese o prazo para a reserva de stands nesta edición tan especial da Feira, que se celebra os días 1, 2 e 3 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. As reservas poden facerse a través da web www.cultur.gal na que atoparedes toda a información necesaria: manual do expositor, planos, listaxe de stands e formularios.

Culturgal 10 presenta ademais unha importante novedade. O Espazo de Arte Contemporánea, que ocupará a Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra, suma preto de mil metros cadrados máis á superficie habitual da Feira, aos máis de catro mil oitocentos metros cadrados do recinto feiral pontevedrés. Os prezos dos stands do Espazo de Arte Contemporánea en 2017 terán un 50% de desconto respecto das tarifas estándar da Culturgal.

Toma nota das vantaxes de ter stand na Culturgal 10 e dos descontos por ser asociado Culturgal, pola fidelidade e por reservar antes do 31 de agosto de 2017.Consulta toda a información no Manual do Expositor e envía o teu formulario de reserva de espazo a Culturgal 2017.

CONSULTA O PLANO DO RECINTO FEIRAL CULTURGAL 2017 (Descargao en PDF)

CULTURGAL-PLANO-mini

 

CONSULTA O PLANO DO ESPAZO ARTE CONTEMPORÁNEA CULTURGAL 2017 (Descargao en PDF)

CULTURGAL-PLANO-mini

 

formulario2

 


CONSULTA A LISTAXE DE STANDS 2017 (Descargar en PDF)

 

formulario2


MANUAL DO EXPOSITOR (Descargar en PDF)

 

formulario2