Última actualización 14 Novembro, 2018 9:52 PM

Expositores Culturgal 2018

A partir do 9 de xullo xa podes reservar o teu stand en Culturgal 10. Ábrese o prazo para a reserva de stands nesta nova edición da Feira, que se celebra os días 30 de novembro, 1 e 2 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. As reservas poden facerse a través da web www.cultur.gal na que atoparedes toda a información necesaria: manual do expositor, planos, listaxe de stands e formularios.

A 11ª Culturgal presenta por segundo ano consecutivo o Espazo de Arte Contemporánea, que ocupará a Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra, suma preto de mil metros cadrados máis á superficie habitual da Feira, aos máis de catro mil oitocentos metros cadrados do recinto feiral pontevedrés.

Toma nota das vantaxes de ter stand na Culturgal 2018 e dos descontos por ser asociado Culturgal, pola fidelidade e por reservar antes do 31 de agosto.Consulta toda a información no Manual do Expositor e envía o teu formulario de reserva de espazo a Culturgal 2018.

CONSULTA O PLANO DO RECINTO FEIRAL CULTURGAL 2018 (Descargao en PDF)

CULTURGAL-PLANO-mini

 

CONSULTA O PLANO DO ESPAZO ARTE CONTEMPORÁNEA CULTURGAL 2018 (Descargao en PDF)

CULTURGAL-PLANO-mini

 

formulario2

 


CONSULTA A LISTAXE DE STANDS 2018 (Descargar en PDF)

 

formulario2


MANUAL DO EXPOSITOR (Descargar en PDF)

 

formulario2