Culturgal

Culturgal renova directiva e arranca a organización da Feira 2019
Arrancan os traballos para a organización de Culturgal 2019 despois da reunión da directiva da asociación o pasado xoves 7 de marzo en Santiago de Compostela. Víctor López, representante de EGANET (Empresas Galegas Adicación á Internet), presidirá a asociación os próximos dous anos tras facerse cargo o pasado ano de maneira interina. A décimo segunda edición de Culturgal celebrarase do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. A principios do verán a organización abrirá as convocatorias de stands e programación ademais de presentar a imaxe e anunciar as novidades 2019.

Culturgal é unha asociación de asociacións. En concreto, reúne as asociacións máis representativas do sector cultural en Galicia: Asociación Galega de Editoras (AGE), Escena Galega, Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), Asociación Galega de Empresas da Música (AGEM) e Empresas Galegas dedicadas á Tecnoloxía (EGANET). A Feira conta cos patrocinios institucionais da Xunta de Galicia, Concello de Pontevedra, Deputación de Pontevedra e Ministerio de Cultura. En 2018, ademais contou coa colaboración especial da Deputación da Coruña.

Tres mulleres e dous homes compoñen a xunta directiva, que queda conformada do seguinte xeito: ademais de Víctor López como presidente son vogais: Mercedes Castro de Escena Galega, Henrique Alvarellos pola AGE, Uxía Caride de Agapi, e Beatriz Fernández, de AGEM. Da coordinación da Feira encargarase o editor e xestor Xosé Aldea e o seu equipo, que levan desenvolvendo esta tarefa desde hai seis anos.

Culturgal 2018 na Memoria
Poñemos a vosa disposición a MEMORIA CULTURGAL 2018, con información sobre expositores, programación e servizos da Feira durante a súa 11ª edición baixo o lema “Ti levas o compás”. Valoracións, programación por días e espazos, planos e relación de expositores, repercusión nos medios e nas redes, deseño e imaxe gráfica, patrocinadores e colaboradores, etc.  A memoria da Culturgal 2018 en 60 páxinas nas que atoparás ademais un amplo álbum fotográfico.

Vémonos na Culturgal 2019: do 29 de novembro ao 1 de decembro
Culturgal entrou nunha nova década na súa idade, 11 anos, e fíxoo cunha excelente resposta do público de toda Galicia. O domingo 2 ás oito da tarde pechaba as súas portas a Feira das Industrias Culturais no Pazo da Cultura de Pontevedra cun balance moi positivo dos tres días tanto na cantidade de visitas como na calidade da programación proposta. Ao redor de catorce mil cincocentas persoas entraron no Pazo da Cultura de Pontevedra a gozas dunha programación que, entre actividades da Feira e actividades dos stands sumou case duascentas propostas. En 2019, máis Culturgal do 29 de novembro ao 1 de decembro.

Con novedades, si, en 2018. Unha delas foi a proposta de vir en autobús a Pontevedra desde Lugo, Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela. “Se este ano, a recepción foi tímida e non se encheron os autobuses, desde a organización da Feira está claro que a proposta chegou para ficar. Unha Feira para todo o país require iniciativas que redunden na idea e que faciliten a visita de todas as persoas que non residen en Pontevedra e contorna. De feito, a maior parte dos usuarios dos autobuses este ano non coñecían a Feira, nunca estiveran nela”, sinala Xosé Aldea, director da Feira. Se esta foi unha iniciativa con resposta aínda tímida, o espazo gastro instalado en 2018 con 4 restaurantes diferentes abertos no mesmo horario da Feira e cun cartón prepago para abonar o gasto, foi un grande éxito tanto no número de usuarios como na valoración da oferta de comida e bebida.

Éxito de público tamén no retorno de Carlos Núñez a Pontevedra co concerto especial do sábado 1, co Auditorio do Pazo da Cultura cheo para presenciar a xira “A irmandade dos celtas”. A xornada inaugural da Feira, o venres 30, volveu a converterse nun punto de referencia para os profesionais do sector en Galicia con protagonismo das xornadas de Escena Galega que reunen a profesionais das artes escénicas de toda a península. Esta tamén é un dos obxectivos de Culturgal, como recalca o seu director.

En relación ao público, a xornada con máis visitas foi a do sábado 1 con sete mil entradas. Culturgal é unha cita referencial para coñecer novidades, atoparse con artistas e creadores e adiantar os presentes do Nadal. Público moi diverso, grande protagonismo dos grupos familiares nunha décimo primeira edición que na última xornada entregou o Premio do Público Culturgal 2018 á Casa de Rosalía de Padrón e acolleu unha homenaxe no cabodano do pintor pontevedrés Manuel Moldes.

Culturgal 2018 é un cine
Curtas para público infantil e familiar, dúas das longas con máis percorrido do cinema galego dos últimos tempos, videopoesía, e dous documentais: un ao redor do wolframio e outro ao redor das mulleres do textil. O cine de Culturgal 2018 ten oferta para todos os gustos. Pasen e vexan! Todo no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra, sen custo adicional sobre a entrada xeral da Feira. Programación coordinada por AGAPI.

Sábado 1 decembro

12:00. Pequefilmes: proxección das curtas gañadoras do Festival Infantil de Curtas: Awakers (a partir de 4 anos) e Les Pionniers de l’Univers (a partir de 8 anos). Agadic-Xunta de Galicia. As persoas asistentes a Pequefilmes, certame que organiza a Cidade da Cultura de Galicia, poden puntuar á saída das diferentes sesións a súa curtametraxe favorita. Entre todos os votos emitidos, decídense as dúas curtas gañadoras segundo as dúas categorías de idade. En Culturgal queremos amosar os dous traballos seleccionados polo público na última edición: a checa Awakers e a francesa Les Pionniers de l’Univers.

16:30. Proxección de “A batalla descoñecida”. Asiste Juan De Dios, produtor. Dirixida por Paula Cons, “A batalla descoñecida” narra a batalla do wolfram, que libraron os aliados contra España no marco da Segunda Guerra Mundial. Un material estratéxico, o wólfram, que el réxime franquista permitiu que fora utilizado poos nazis para armamento. Duración filme: 70 minutos

18:00. Proxección do documental “Tecido resistente”, coa directora Marina Chiavegatto. Deputación da Coruña. A historia de centos de mulleres que cambiaron por completo a economía e a organización social de toda unha comarca no inicio do século XX en Galicia. Tiñan 14 anos cando comezaron a traballar na fábrica de tecidos de Présaras (Vilasantar). Cobraban 37 pesetas á semana. Con eses cartos mantiñan a economía familiar. Axiña descubriron que o salario fixo que recibían era algo máis que uns cantos billetes: era a súa independencia, o empoderamento feminino antes mesmo que ese concepto chegase a Galicia. Duración filme: 40 minutos

19:00. “A estación violenta”. Con Anxos Fazáns, directora. Matriuska Producións. Película. Unha adaptación da novela de Manuel Jabois, na que tres personaxes atópanse de novo. O filme narra o explosivo/implosivo encontro entre tres compañeiros de facultade anos despois, cando a vida adquire outro significado, cando está máis perto a morte. Interpretada por Xiana Arias, Xosé Barato, Nerea Barros, Alberto Rolán. Duración filme: 75 minutos

Domingo 2 decembro

16:30. “Versogramas”. Un documental de videopoesía. Presentan Belén Montero, directora, e Celia Parra, produtora executiva.. O documental Versogramas ofrece un achegamento ao panorama internacionalda videopoesía, desde unha perspectiva galega, de man de videopoetas como Yolanda Castaño, Antón Reixa ou Iria Pinheiro, entre outros. Versogramas contén entrevistas a 14 videopoetas internacionais e fragmentos das súas pezas, xunto coas doutros 19 videopoetas máis de diversos recunchos do globo. Esbozos de defnicións sobre videopoesía en ton experimental completan o tecido dodocumental. A súa premiere mundial tivo lugar en NUDO Festival de Poesía Visual (Barcelona). Logo do seu paso polo Festival de Cans (O Porriño), o Festival Poemaria (Vigo) , o Festival dos Eidos (O Courel) ou Cosmopoética (Córdoba),continúa a súa andaina por festivais. Duración: 75 min

18:00. Proxecciòn de “Dhogs”. Con María Costas, actriz, e Laura Doval, produtora executiva. Se escoitaches falar moito deste thriller e aínda non o viches esta é a túa oportunidade. A película dirixida e escrita por Andrés Goteira xa pasou con éxito por festivais internacionais como o Bafici de Buenos Aires, o Frighfest de Londres, o Festival de Sitges, ou o Split Film Festival. O filme máis premiado da historia dos Mestre Mateo, concede a Academia Galega do Audiovisual. No reparto, Antonio Durán ‘Morris’, Melania Cruz, Miguel de Lira, Iván Marcos, Carlos Blanco e María Costas.Duración filme: 85 minutos

A Feira ten moita arte en 2018
A arte contemporánea chegou a Culturgal para ficar. Por segundo ano consecutivo, Culturgal presenta o Espazo AC, que en 2018 conta con 16 expositores e un programa de presentacións, obradoiros e accións en directo, pensado para que o público da Feira se achegue ao mundo da arte. Entre os stands, o Museo de Pontevedra, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e a Bienal de Arte de Cerveira; xunto a eles, unha variedade de galerías e proxectos artísticos nos máis de mil metros cadrados que este espazo suma a Culturgal desde o pasado ano. E, no recinto feiral, ollo ao stand da EASD Pablo Picasso, a escola de ensinanzas artísticas da Coruña.

No Espazo Arte Contemporánea, comisariado por Paula Cabaleiro e Antón Sobral, poderás atopar os seguintes stands: Museo de Pontevedra, CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea), Bienal de Arte de Cerveira, Sala Apo’strophe, Os Catro Gatos, Alberto Pena, Basilisa Fiestras, La Casa Taller, Patricia Fornos, Nove Noel, Manolo Ebra, Colectivo LAG, Carmen Domínguez Vaz, Reme Remedios, Nemonon e Kike Ortega.

No programa do Espazo AC, comisariado por Paula Cabaleiro e Antón Sobral, obradoiros de arquitectura do CGAC para nenas e nenos e un contacontos para persoas adultas que organiza tamén o museo compostelán, no marco do seu 25 aniversario. A Bienal de Arte de Cerveira volverá a enfeitizarnos coa proposta en directo do artista Ricardo de Campos, que xa pintou un enorme mural ao vivo en 2017. A fin de semana presentaranse varios proxectos no campo da arte, a maoría liderados por mulleres: a asociación de artistas 85c, A Colectiva e Mulleres mirando Mulleres de Arte a un click. Máis accións ao vivo con colectivo LAG o sábado 1 e coa peza de danza “Reclusa parda” o domingo 2, para pechar xornada ambas no Espazo AC.

En 2018 Vari Caramés visita Culturgal 2018 para presentar o fantástico libro Lugares, editado con Fabulatorio. Así mesmo o artista Antón Sobral falaranos do seu libro Baila conmigo ata a final da amor. A Cidade da Cultura tamén estará moi activa no escenario Arte Contemporánea presentando non só a vindeira edición de Escenas do Cambio senón o seu programa de exposicións coa presenza dos seus responsables e comisarios.

Dúas exposicións

E se falamos de exposicións, temos que destacar as dúas mostras que o público de Culturgal poderá visitar no Espazo AC. “Artistas de colección. Fondos do patrimonio artístico DAC”, comisariada por Rosario Sarmiento, mostra a obra de vinte creadoras presentes na colección da Deputación da Coruña. Atención á relación: Amaya Bozal, Berta Cáccamo, Paz de la Calzada, Alicia Candiani, Victoria Dielph, Tamara Feijóo, Almudena Fernández, Alina Granados, Dolores Hebel, Menchu Lamas, Maruja Mallo, Fina Mantiñán, Tatiana Medal, Hannah Müller, Soledad Penalta, Cruz Pérez-Rubido, Beatriz Rey, Helena Segura-Torrella, Ana Soler e Lola Solla.

Ademais, outra entidade de grande relevancia, como é CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe)-Filmoteca de Galicia preséntano na entrada do Espazo AC a mostra “Fotografía en curso. Retrato da nosa contorna”, ao redor do programa pedagóxico de creación do mesmo.

Programa de actividades Espazo Arte Contemporánea:

Sábado 1 decembro

12:00. Obradoiro Cidade de Nadal. Fundación Cidade da Cultura. A partir de 4 anos. Inscrición na recepción

da Feira. A Cidade da Cultura de Galicia converterase este Nadal nun grande escenario ornamental de luz e

cor. Quen se achegue á nosa Cidade de Nadal poderá asistir a diferentes obradoiros. E para Culturgal,

quixemos traer unha pequena mostra dun deles, no que se usarán elementos naturais (froitas) para adornar

as nosas árbores e os nosos fogares.

13:00. Presentación de Escenas do Cambio 2019. Fundación Cidade da Cultura. Con María Pereira Otero,

directora de Acción Cultural da Cidade da Cultura de Galicia, e representantes de compañías participantes

convidadas.

13:30. Lugares de Vari Caramés. Fabulatorio. Con Vari Caramés, fotógrafo e autor e os editores e

deseñadores Suso Vázquez e Cibrán Rico.

17:30. Mulleres mirando Mulleres. Arte a un Click Conecta S. Coop. Con Adriana Pazos Ottón e Mila Abadía.

18:00. Presentación das exposicións do Museo Centro Gaiás. Cidade da Cultura de Galicia. Con Ana Isabel

Vázquez Reboredo, directora Xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia; Verónica Santos Farto,

comisaria da exposición Pensar coas mans (Departamento de Exposicións da Cidade da Cultura de Galicia)

e Miguel Anxo Seixas Seoane, comisario da exposición Castelao Maxistral. A boa obra ao mestre honra.

18:45. Estado sólido. Colectivo LAG. Acción coas artistas Lara Buyo e Ana Corujo .

19:45. Presentación libro “Anónimas, retratos de musas cotiás”. Con Gemma Marqués, ilustradora, e Dolores Costas, escritora.

20:30. Apo’strophe.Arte. Con Álvaro Rodríguez Pérez, Sara Pérez Bello e Elena Bangueses

Domingo 2 decembro

12:00. Obradoiro de arquitectura: En construción. Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) 25ºaniversario. Neste obradoiro de arquitectura impartido polo educador Santiago Chenlo os participantes construirán maquetas nas que poderán idear un museo ao seu antollo. Recomendado entre 6 e 11 anos.Prazas limitadas: 15. Inscrición gratuíta por orde de chegada en información.

13:30. Presentación A Colectiva. Asociación Profesional de Artistas de Galicia. Con Belén Montero,

secretaría, Iria Vázquez, vicepresidenta, Eva Mendoza, vogal, e as artistas plásticas María Meijide e Melania

Freire.

17:00. Contacontos con Celso Fernández Sanmartín.Contar por amor á arte. 25 aniversario Centro Galego

de Arte Contemporánea (CGAC). Recomendado para persoas adultas. Da man do Centro Galego de Arte

Contemporánea (CGAC), o contador de historias e filósofo Celso Fernández Sanmartín narrará unha

historia arredor dos museos e da arte facendo gala da máis entretida, dinámica e interesante tradición oral

popular.

18:00. Presentación do libro Baila comigo ata a final do amor de Antón Sobral.

18:30. Asociación de mulleres artistas. Asociación 85C. Con Marcia Vázquez, presidenta, Eva Comesaña,

vicepresidenta), Paula Herrero, secretaria) e Nuria Vilán, tesoreira.

19:30. Reclusa parda. Peza de danza. Con Eva Comesaña e Marcia Vázquez.

Os stands da Culturgal 2018
Mentres preparamos todo o plano detallado para a web, aquí podes consultar a relación de expositores de Culturgal 2018, do 30 de novembro ao 2 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra:

No recinto feiral:

1-2. CRTVG

3. Pilar Piñeiro Cerámica

4. Marío López Joyería de Autor

5. Chorima

6. Eferro

7. Deica Creacións

8. Montse Betanzos

9. Mico

10. Paseloqpase

11. Sanín Percusión Tradicional

12. Editorial Galaxia

13. Revista Luzes

14. Libraría Cartabón

15. Contos Estraños

16. Livraria Traga-Mundos

17-18. AGE (Asociación Galega de Editoras)

19. Xerais

20+21. Concello de Carballo

22-24. Libraría Paz/Librería Seijas

25. Tulipa Editora

26-28. Espazo Lector Nobel

29. AGPTI (Asociación Galega de Profesionais da

Tradución e da Interpretación)

30.Apiario

31.Através Editora

32. Edicións Embora

33-34. Libraría Pedreira

35. Carlos Meixide/Óscar Losada

36-38. Aira Editorial/Punto e Coma

39. Chan da Pólvora Editora

40. Dispara / Tono Arias

41. Fabulatorio

43. Irmás Cartoné

44. Catro Ventos Editora

45. A Mesa pola Normalización Lingüística

46-48.Consorcio Editorial Galego

49. Editorial Canela

50. Triqueta Verde Editorial

51. Xunta de Galicia / Agadic

52.Concello de Pontevedra

53. Deputación da Coruña

54-56.Edicións Fervenza

57-60.Urco Editora

61+62. Economía Social de Galicia

63. Asociación PuntoGal

64+65. Escena Galega

66. Talía Teatro

67. APAMP. Asociación de Familias de Persoas con

Parálise Cerebral

69. O Mago Paco

70. Fundación Praza Pública

71. Associaçom Escolas de Ensino Galego

72. Sermos O Diario Galego

73-74. Miudiño S. Coop. Galega

75. Racataplán

77+78. EASD Pablo Picasso

79. aCentralFolque

80+81. Patakafrita

82. María Meijide

83. Brazolinda

84. Concello de Ponteareas

85. Seispés Producións Creativas

86. Eventbrite

87+88. Cantos na Maré-Rede da Galilusofonía

90.Deputación de Pontevedra

93.Concello de Redondela

94-96.Kalandraka Editora

97. Cestola na Cachola S. Coop. Galega

98. Casal de creación / Cuarto pexigo

99. Alvarellos Editora

100. Kumon

104. Pecados de Compostela

105. Barafunda

108. OZOCOgz Deseño Galego

Espazo Arte Contemporánea:

AC1. Museo de Pontevedra

AC2. CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea)

AC3. Bienal de Arte de Cerveira

AC4. Sala Apo’strophe

AC5. Os Catro Gatos

AC6.Alberto Pena

AC7. Basilisa Fiestras

AC8. La Casa Taller

AC9. Patricia Fornos

AC10.Nove Noel

AC11. Manolo Ebra

AC12. Colectivo LAG

AC13. Carmen Domínguez

AC14. Reme Remedios

AC15. Nemonon

AC16. Kike Ortega

Descarga todo o programa Culturgal 2018
Unha Feira máis fresca e innovadora pensada para un público amplo. A 11ª Culturgal, que se celebra do 30 de novembro ao 2 de decembro, presentou o seu programa completo o venres 23 no Pazo da Cultura de Pontevedra con presenza dos seus patrocinadores. Concertos especiais como o de Carlos Núñez o sábado 1, preestreas como a de Inversa Teatro o venres 30, espectáculos especiais para público familiar, a confluencia dos principais escritores e escritoras de Galicia en contacto directo co público e a consolidación da programación de arte contemporánea, algúns dos pratos fortes. E algunha inovacións dirixidas ao público como a posibilidade de achegarse en autobús desde Ourense, Lugo, Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela ou o cambio de modelo gastronómico na Feira con máis variedade, local e ecolóxica.

Descarga xa en pdf todo o programa da 11ª Culturgal:

PROGRAMA CULTURGAL 2018 rrss

Culturgal 2018 é unha carpa chea de música
A banda sonora de Culturgal 2018 recolle estilos moi diferentes e, o que é moi relevante para a Feira, varias presentacións de traballos discográficos. Estamos moi contentos de acoller estes lanzamentos: Barahúnda, Pablo Castaño Quartet, Mielitza, NAO, Factoría de Susbsistencia, Pablo Sanmamed, Vudú e Brais Morán presentan os seus novos traballos en formato showcase.Canción de autor, jazz, folk, rock-metal, tradición, poesía musical e até os novísimos valores do concurso Quero cantar, promovido pola Deputación da Coruña, encherán a carpa dos sons de Culturgal 2018 do 30 de novembro ao 2 de decembro.

Moita calidade nas propostas musicais 2018. Desde a onda world music de Barahúnda até o rock de alto voltaxe de NAO; desde a proposta “soulk” de Maritxinha ao baixo e Belem Tajes, voz e teclados -ademais de cantante de Luar na Lubre desde o ano pasado- co proxecto Vudú até as Voces de Arrieiro que chegan de Ponteareas con voces masculinas para a música popular; das propostas jazz do contrabaixista Pablo Sanmamed e do saxofonista Pablo Castaño ao tributo a Mozambique e a NARF de Brais Morán ou á mestura poético-musical de Cintaadhesiva. Da carga autoral e lírica de Factoría de Subsistencia ao proxecto liderado por Carla López baixo o nome de Mielitza.

E todo na Carpa Culturgal 2018. Aquí tes o programa musical desta edición:

Venres 30 novembro

18:00. Barahúnda presenta o seu cuarto disco. Con Helena de Alfonso, cantora; Jose Lara Gruñeiro, guitarra e voces; Jose Luis do Pico Orjais, multiinstrumentista.

19:00. Pablo Castaño Quartet: “A la-láa”. aCentral Folque. Con Pablo Castaño, saxofón, Max Gómez, batería, Paco Charlín, contrabaixo, e Marcos Pin, guitarra.

Sábado 1 decembro

12:00. Quero Cantar. O concurso de canción infantil, que desenvolve a súa terceira edición este outono, sube ao escenario da Feira cos grupos gañadores en directo. Deputación da Coruña.

13:30. Mielitza. Presentación do disco “Unha illa”. Con Carla López Vázquez, voz, guitarra, Iago Mouriño Román, piano, teclados, Pablo Pérez, baixo, e Bruno Couceiro, batería.

16:30.Pablo Diaz en concerto: Coas miñas mans. Editorial Galaxia. Público infantil e familiar

17:30. Charo Pita en concerto: No país do vento. Editorial Galaxia. Público infantil e familiar

18:30. Amores fratricidas. Presentación do segundo disco de Factoria de Subsistencia. Con Josito Porto, voz e guitarra, Sabela Dacal, acordeón, piano e coros, José Lameiras, batería, e David Cid, baixo eléctrico.

19:30. Antilia en concerto. Con María Costas, voz, Jose Churruca, guitarra e coros, Pablo Vidal, baixo e coros, e Antonio González, batería.

20:30. NAO presenta o disco “Ata que o lume se apague”. Seispés Producións Creativas. Con Amós Varela López, Antón Díaz Fernández, Gustavo Brea Torres e Pablo Carracedo Goldar.

Domingo 2 decembro

12:30. Voces de Arrieiro. Concello de Ponteareas. Música popular en directo con este grupo de grandes voces masculinas.

13:30. Pablo Sanmamed Trío presenta disco “16-04”. aCentral Folque. Con Pablo Sanmamed, contrabaixo, Iago Mouriño, piano, e Bruno Couceiro, batería.

17:30. Cintaadhesiva. Con Jesús Andrés Tejada, música, Silvia Penas Estévez, voz, textos.

18:30. Vudú en concerto: presentación de novo disco. PlayPlan. Con Belém Tajes, teclados, loops, percusión e voz, e Maritxinha, baixo e loops.

19:30. Brais Morán en concerto: presentación de “No mato do desespero”. Con Brais Morán, guitarra e voz, Francisco Sanz Freire, baixo, Marcos Pazo Couto, batería, Manuel José Seoane Méndez, guitarra.

A Casa de Rosalía, gañadora do Premio do Público Culturgal 2018
Pechábanse as votacións na medianoite do venres 23 de novembro e os votos falaron. A Casa de Rosalía (Padrón), con 444 votos, resultou ser o Premio do Público Culturgal 2018, fronte ás candidaturas de Chanfaina’Lab (341 votos) e Rede Cultural da Deputación de Cultura (403). Case 1.200 persoas participaron na votación online. O domingo 2 de decembro celebrarémolo co acto de entrega na Feira, ás 18:45 no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Case cinco décadas de historia, unha referencia dentro e fóra de Galicia e, ademais, desde hai un lustro axitando con novos aires o legado da autora galega por excelencia. A Casa de Rosalía (Padrón) ocupa un lugar privilexiado no mapa cultural do país; alí concéntrase a vixencia da figura e obra de Rosalía de Castro. Con ambición a Casa de Rosalía enfronta presente e futuro, cunha remodelación e adaptación a novas necesidades e un proxecto museográfico que destaca a relación da autora coa contemporaneidade. A Casa de Rosalía do século vinte e un é unha casa aberta e consciente do símbolo vivo que representa.

Na Casa da Matanza, a autora viviu os seus últimos anos e é unha realidade como museo desde 1972 cando se inaugurou con Agustín Sixto Seco como presidente do padroado, Andrés Fernández-Albalat como arquitecto e Xosé Filgueira Valverde como primeiro director. Nas seguintes décadas habilítanse sala de xuntas, almacéns, servizos públicos, auditorio e arquivo. En 1999, o Centro de Estudos Rosalianos. Tamén se adquiren ao longo do tempo outras propiedades, como a vivenda para a encargada da Casa-Museo. Desde 1971 ata o ano do seu pasamento, 1998, a actriz Maruxa Villanueva foi coidadora da Casa de Rosalía na Matanza, ademais dunha excepcional especialista no mundo rosaliano. Emigrante en Arxentina desde os 20 anos, onde foi cantante de éxito e actriz.

A Casa de Rosalía, xestionada pola fundación que preside na actualidade Anxo Angueira, mantén unha actividade constante: abertas as súas portas a cotío, promovendo ou acollendo diversas iniciativas culturais: os premios, como o anual de poesía escolar ou o novo premio de investigación e ensaio Ramón Baltar Feijoo. Mais tamén dá acubillo a iniciativas como o Caldo de Gloria no Día de Rosalía, que busca implicar a todo o país na divulgación da obra de Rosalía; o Festival Abride a Fiestra na propia Casa da Matanza o 15 de xullo; a Inchadiña Branca Vela, unha homenaxe das xentes do mar á escritora; os Encontros na Casa de Rosalía da Universidade de Vigo; alén doutras moitas actividades como concertos, presentacións, conferencias, etc.

O 150 aniversario de Cantares Gallegos, en 2013, supuxo un punto de inflexión para o recinto, con reinauguración incluida, pero ademais coa posta en marcha de novas estratexias que tiñan en conta, nas palabras de Angueira, o simbolismo decisivo da autora. A Casa de Rosalía como un proxecto referencial, espello, foco, pero sen exclusividades: internacional, aberto e difusor. Como di o presidente da Casa de Rosalía -e tamén poeta- “poucos países do mundo teñen como “escritor nacional” a unha muller”.

Visita a súa web: http://rosalia.gal/a-casa-museo/

Unha Feira máis cómoda e satisfactoria para o público
Unha Feira máis fresca e innovadora pensada para un público amplo. A 11ª Culturgal, que se celebra do 30 de novembro ao 2 de decembro, presentou o seu programa completo o venres 23 no Pazo da Cultura de Pontevedra con presenza dos seus patrocinadores. Concertos especiais como o de Carlos Núñez o sábado 1, preestreas como a de Inversa Teatro o venres 30, espectáculos especiais para público familiar, a confluencia dos principais escritores e escritoras de Galicia en contacto directo co público e a consolidación da programación de arte contemporánea, algúns dos pratos fortes. E algunha inovacións dirixidas ao público como a posibilidade de achegarse en autobús desde Ourense, Lugo, Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela ou o cambio de modelo gastronómico na Feira con máis variedade, local e ecolóxica.

Xosé Aldea, director da Feira, resaltou o atractivo da proposta de Culturgal 2018 ao redor do libro, coa participación dos grandes nomes da escrita en Galicia. Manolo Rivas (si, o sábado 1 co seu Vivir sen permiso e outras historias de Oeste), Ledicia Costas, Pedro Feijoo, Eli Ríos, María Reimóndez, Xose Duncan, Francisco Castro, Yolanda Castaño, Manuel Esteban ou Iolanda Zúñiga pasarán por Culturgal para presentarlle ao públicos as súas últimas obras. Serán días de lanzamento dos premios do ano: os Xerais con Emma Pedreira, Héctor Cajaraville e Carlos Negro, o Repsol con Antón Lopo e o García Barros con Ana Cabaleiro (publicados ambos por Galaxia), os premios Torrente Ballester e Raiña Lupa promovidos pola Deputación da Coruña, os premios Fina Casalderrey de literatura infantil pola igualdade e Meiga Moira, con Baía Edicións ou o I Premio Maria Victoria Moreno de literatura xuvenil promovido por Urco.

Tamén recalcou a Aldea que a xornada inaugural de Culturgal é un polo de atracción para os profesionais do sector do país. As xornadas profesionais de Escena Galega, a convocatoria de proxectos do Xacobeo 2021, o balance de resultados de Fest Galicia, asembleas de Agapi e Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural ou a presentación de servizos tecnolóxicos para festivais por parte da empresa Play Plan. A edición 2018 é espello ademais da intensa e interesante produción cultural liderada por mulleres.

Unha xornada, a do venres 30 de novembro, que remata coa preestrea de Sofía e as Postsocráticas, de Inversa Teatro (21:30), unha peza ao redor da filosofía e da violencia machista. Será o primeiro dos catro espectáculos especiais (con prezo de entrada aparte da da Feira) desta 11ª Culturgal. O sábado 1 é a quenda de Carlos Núñez, que pecha a xornada no Auditorio do Pazo da Cultura (21:30) coa súa xira A irmandade das estrelas e o domingo 2 dous espectáculos dirixidos a público familiar e infantil, tamén no Auditorio: ás 12h O VIRAVAI con Paio e o poder da música e ás 18h, Xoán Curiel e A Banda do Verán con A Casa do Terror.

En 2018 por vez primeira Culturgal pon a disposición do público a venda anticipada de entradas en www.cultur.gal así como a posibilidade de achegarse á Feira en autobús desde Ourense, Lugo, Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela. Tamén cambia o concepto gastronómico da Feira, imitando o modelo posto en marcha nos festivais de música, con máis restaurantes e posto que ofrezan unha ampla variedade de opcións durante todo o horario da Feira.

Os patrocinios da Culturgal

Un proxecto coma esta Feira precisa de alianzas, acordos e patrocinios, tal como reseñou Victor López, presidente en funcións da Asociación Culturgal. Na presentación estivo acompañado de Jacobo Sutil, director da Agadic, Carmen Fouces, concelleira de Cultura de Pontevedra, e Xosé Leal, responsable de Cultura na Deputación de Pontevedra. En 2018, a Feira conta coa colaboración especial da Deputación da Coruña e co apoio na programación infantil de Deleite Galego.

A concelleira Carmen Fouces utilizou un símil: a Culturgal como o “black friday” da cultura galega, un espazo que a xente debería aproveitar para facer o seu consumo e os presentes de Nadal. Xosé Leal remarcou as actividades relacionadas con música e arte contemporánea promovidas desde a Deputación de Pontevedra na Feira, con destaque para a presenza do Museo de Pontevedra. “Un dos puntos claves de Culturgal son as sinerxias que se crean entre o sector de base, a administración, os profesionais e empresas, e o publico. Non só se fai negocio, senón país”, apuntou.

O director da Agadic Jacobo Sutil destacou o importante programa de actividades que a Xunta de Galicia desprega en Culturgal, actividades que reflicten e representan as liñas de traballo cultural dos diferentes departamentos e entidades da Administración autonómica. Agadic aumentou en 2018 a súa aportación a Culturgal en dez mil euros. Victor López, presidente de Culturgal, agradeceu ás cinco asociacións que forman parte da Feira o seu papel e a súa aposta polo evento: Escena Galega, AGAPI, Asociación Galega de Editorias, AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais) e EGANET (Asociación de Empresas adicadas á tecnoloxía), da que el mesmo é representante.