Lugar e datas
O Cultur.gal 2008 terá lugar no
Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco) do xoves 4 ao domingo 7 de decembro.
Palexco
Peirao de Transatlánticos, s/n
15003 A Coruña
Situado nunha concorrida zona do centro da cidade, o complexo de Palexco ten unha superficie de
22.000 m2 que abranguen zonas expositivas, dous grandes auditorios, diferentes salas e módulos e outros servizos. Ademais, contarase cun amplo espazo anexo ao edificio.