Última actualización 20 Xuño, 2017 6:10 PM

Preguntas frecuentes (FAQs)

Que é Culturgal?

Culturgal é a Feira das Industrias Culturais que se celebra anualmente na primeira semana de Decembro e que en 2017 chega a súa décima edición do 1 ao 3 de decembro.

Que vou a atopar?

Ademais de poder achegarte aos máis de 80 stands dedicados a libro, música, teatro, audiovisual, infantil, tecnoloxía e máis, Culturgal conta cun programa de ao redor de 120 actividades propias durante os 3 días: concertos, espectáculos familiares, encontros con escritores, estreas de filmes e moito máis. Todo nun recinto feiral de 4.875 metros cadrados.

Quen organiza Culturgal?

A asociación Culturgal, na que están integradas as seguintes asociacións gremiais: Asociación Galega de Editores, Escena Galega, Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e EGANET (Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías.

Onde e cando se celebra?

Culturgal 2017 celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa Alexandre Bóveda s/n) do 1 ao 3 de decembro de 2017. A Feira ten horario ininterrumpido de 11:00h a 21:00h o venres e o sábado. O horario do domingo é de 11:00h a 20:00.

Como chego ao recinto de Culturgal?

Pazo da Cultura de Pontevedra
RUA ALEXANDRE BÓVEDA, S/N
36005 Pontevedra
986 833 061
www.pazodacultura.org
Ver: http://culturgal.com/informacion-util/como-chegar-a-culturgal/

Se utilizo transporte particular, a Feira dispón de prazas de aparcadoiro?

O Pazo da Cultura de Pontevedra conta cun amplo parking tanto na entrada principal como na parte superior de acceso ao Auditorio e cafetería do recinto, máis recomendable xa que a infraestrutura da Feira ocupa boa parte da explanada principal. Animamos, en todo caso e sempre que sexa posible, ao uso do transporte público nos desprazamentos á cidade durante Culturgal, sexa autobús ou tren.

É posible o acceso para persoas con mobilidade reducida?

O recinto da Feira está preparado para recibir a persoas con mobilidade reducida, incluídas aquelas que se moven en cadeira de rodas. O Pazo da Cultura conta con ascensor.

E visitar á Feira en lingua de signos?

Existe un servizo de visitas guiadas en lingua de signos para aquelas persoas que o demanden.
Visitas especiais concertadas para grupos, escolares, asociacións…

Existe algún correo electrónico ou teléfono da Feira para o público xeral?

Para calquera suxestión, consulta, queixa ou anotación que queiras facer, podes dirixirte ao correo electrónico info@culturgal.com. Se precisas un teléfono de contacto, toma nota: 662 281 739.

—————————–

Cal é o prezo da entrada do Culturgal? Nenas e nenos pagan?

Culturgal é un proxecto colectivo onde o público contribue á sontenibilidade coa súa entrada. A entrada xeral por día ten un prezo de 2 euros, entregarémosche unha pulseira e entrarás e sairás do recinto cando queiras durante ese día. Se queres acceder máis de 1 día, tes unha pulseira de 3 euros coa que poderás entrar e saír durante os 3 días. Nenas e nenos até 12 anos (incluídos) pagan 1 euro por día e 2 euros pola pulseira bono. Menores de 3 anos non pagan entrada.

Hai descontos para visitas de grupo?
Se es unha escola, asociación ou entidade sen ánimo de lucro contacta con nós e consúltanos. No correo electrónico info@culturgal.com. Se precisas un teléfono de contacto, toma nota: 685 284 158.

Onde podo consultar o programa completo de actividades?
Na web www.cultur.gal desde aproximadamente 1 semana antes da Feira, aínda que irá facéndose público gradualmente desde outubro na mesma canle e nas redes sociais. A web da Feira actualízase constantemente polo que constitúe o soporte máis fiable para coñecer a programación de actividades. De calquera xeito, os visitantes de Culturgal terán ao seu dispor un programa impreso no acceso da Feira. Síguenos en Facebook e tuiter

Hai servizos de restauración na Feira?

Culturgal conta con servizo de restauración na propia Feira. O Pazo da Cultura conta ademáis cunha cafetería-restaurante no segundo andar. O centro e casco histórico de Pontevedra, cunha abundante oferta gastronómica, está a 10 minutos de paseo a pé cruzando pola Ponte de Santiago.

Hai caixeiro automático no recinto feiral? Pódense pagar as compras con tarxeta?

Non hai ningún caixeiro automático dentro do recinto nin nos arredores do mesmo. Boa parte dos expositores contan con terminais tpv facilitando o pago con tarxeta. Aínda así, recomendámosche traer efectivo para as túas compras e consumicións no Culturgal.

Se perdo algún obxecto, a onde podo dirixirme?

Se perdes algún obxecto diríxete ao mostrador de información na entrada da Feira. O mesmo, se o atopas.

Podo tirar fotos ou gravar dentro da Feira?

Por suposto, sempre que respectes os dereitos das persoas fotografadas ou gravadas e o material non teña uso comercial ilícito ou indebido.