Última actualización 20 Xuño, 2017 6:10 PM

Programación Culturgal 2016

  • 10:00am
  • 11:00am
  • 12:00pm
  • 1:00pm
  • 2:00pm
  • 3:00pm
  • 4:00pm
  • 5:00pm
  • 6:00pm
  • 7:00pm
  • 8:00pm
  • 9:00pm
  • 10:00pm
 
  • 10:00am
  • 10:30am
  • 11:00am
  • 11:30am
  • 12:00pm
  • 12:30pm
  • 1:00pm
  • 1:30pm
  • 2:00pm
  • 2:30pm
  • 3:00pm
  • 3:30pm
  • 4:00pm
  • 4:30pm
  • 5:00pm
  • 5:30pm
  • 6:00pm
  • 6:30pm
  • 7:00pm
  • 7:30pm
  • 8:00pm
  • 8:30pm
  • 9:00pm
  • 9:30pm
  • 10:00pm
  • 10:30pm
 

Espazo Foro

Presentación produtos Punto e coma
December 4th 4:30pm - 5:00pm
Presentación produtos Punto e coma. Con Miguel Robledo, contido artístico, e César Lorenzo, contido empresarial.
 
Semente Escolas de Ensino Galego
December 4th 5:00pm - 5:30pm
Semente Escolas de Ensino Galego. Presentación do proxecto educativo Escolas de Ensino Galego Semente . Na actualidade existen centros educativos en Compostela, Vigo, Trasancos e Lugo.

logo semente - copia

 
 
Cal é o teu talento? Barafunda Animación
December 4th 5:30pm - 6:00pm
Cal é o teu talento? Barafunda Animación. Obradoiro de creatividade dirixido a nenas e nenos con máis de 10 anos de idade, pais, profesores e pedagogos.
 
Entrega Premio do Público Culturgal 2016
December 4th 6:00pm - 6:30pm
Entrega Premio do Público Culturgal 2016
 
Un monstro vén a verme. Kalandraka
December 4th 6:30pm - 7:00pm
Un monstro vén a verme. Kalandraka. Presentación da versión en galego do libro de Patrick Ness. Con Xesús Fraga, tradutor, Paz Castro, de Kalandraka e representantes da Asociación de Loita contra o Cancro.
 
Sicixia de Ignacio Vilar
December 4th 7:00pm - 7:30pm
Sicixia. Presentación do novo proxecto do director de cine Ignacio Villar, coa súa participación.
 
Kneves no Autoblues Chicago-Fornelos
December 4th 7:30pm - 8:00pm
Kneves no Autoblues Chicago-Fornelos. Co poeta Kiko Neves e os guitarristas Phil Chicago e Róber Fornelos.
 
Liña do galego. A Mesa
December 4th 1:30pm - 2:00pm
Liña do galego. Presentación da APP. A Mesa. Con Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.
 
Rosalía total. Club de Lectura leCRAS
December 4th 11:30am - 12:00pm
Rosalía total. Club de Lectura leCRAS. Coa participación da Fundación Rosalía de Castro, Cantareiras de Chan, Galiestampa e Wiki Rosalías
 
Presentación vídeo promocional. Escena Galega
December 4th 12:30pm - 12:45pm
Presentación vídeo promocional. Escena Galega. A asociación que reúne as compañías de artes escénicas presenta os seus materiais promocionais. Con Belén Pichel, presidenta de Escena Galega.
 
SomosOcéano
December 4th 1:00pm - 1:30pm
SomosOcéano e a moda sostible. Con Ana Carpintero
 
 

Espazo Libro

Presentación da Axenda de Mulleres 2017
December 4th 4:30pm - 5:00pm
Presentación da Axenda de Mulleres 2017. Libraría Lila de Lilith e Observatorio da Mariña pola Igualdade.
 
Peixes e outra fauna mariña. A Mesa
December 4th 4:45pm - 5:15pm
Peixes e outra fauna mariña. A Mesa. Presentación con Mónica Pazos, que falará de materiais en galego para a educación infantil, e Alfredo López “Tokio”, ilustrador do libro que explicará característica dos diferentes seres mariños e o nome en galego.
 
Mesa literatura fantástica. Urco Editora
December 4th 6:00pm - 6:30pm
Mesa redonda de autoras de literatura fantástica dirixida a público xuvenil. Urco Editora. Con María Canosa e Alex Bayorti.
 
Entrevista a Antonio Manuel Fraga e Carlos Quiroga. Urco Editora
December 4th 6:30pm - 7:00pm
Entrevista a Antonio Manuel Fraga e Carlos Quiroga, gañador e finalista do I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica. Urco Editora
 
Conversa con Ledicia Costas. Xerais
December 4th 7:00pm - 7:30pm
Conversa con Ledicia Costas ao redor do libro Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta (Premio Lazarillo 2015). Xerais. Coa xornalista Selina Otero.
 
Conversa con Antón Riveiro Coello. Galaxia
December 4th 7:30pm - 8:00pm
Conversa con Antón Riveiro Coello, autor de A ferida do vento. Galaxia. Coa xornalista Selina Otero.
 
A AGPTI celebra o seu 15 aniversario
December 4th 5:15pm - 6:00pm
Un breve repaso aos 15 anos da existencia da asociación interactuando co
público empregando un formato de xogo de preguntas tipo Trivial sobre a asociación
(datos sobre a asociación, o que se acadou nestes anos, o que queda por facer etc). E, claro, celebraremos o 15 aniversario cunha torta.

Con María Reimóndez, Lara Santos e Saleta Fernández.
 
Cartas de inverno. Edición 100.000. Xerais
December 4th 1:30pm - 2:00pm
Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz. Edición 100.000. Xerais. Con Mª Xesús Fernández, crítica revista CLIJ, Eulalia Agrelo, presidenta de ELOS e Isabel Soto, tradutora. Modera: Manuel Bragado
 
Repente Galego. Asociación O.R.A.L
December 4th 11:30am - 12:00pm
Repente Galego. Asociación O.R.A.L (Oralidade, Rima, Arte e Lingua) de Galicia coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Con Carlos Alonso Piñeiro, presidente da Asociación O.R.A.L, Ramón Pinheiro Almuinha, etnomusicólogo e redactor do traballo, e o deputado de Cultura e Lingua Xosé Leal.
 
Auga a través de Dores Tembrás. Apiario
December 4th 12:00pm - 12:30pm
Auga a través de Dores Tembrás. Apiario. Presentación do poemario coa participación dos responsables do documental “Os días afogados” de Amanita Films.
 
Barriga verde sen volta de folla
December 4th 12:30pm - 1:00pm
Barriga verde sen volta de folla. Asociación Morreu o Demo
 
Máis alá do azul e o rosa de Ana T. Jack. Galaxia
December 4th 1:00pm - 1:30pm
Máis alá do azul e o rosa de Ana T. Jack. Galaxia. Coa autora e o editor Francisco Castro. Un libro da especialista en cuestión de xénero, Ana T. Jack, profesional da educación e xornalista que leva anos sensibilizando a familias arredor destas cuestións dende as páxinas de La Voz de la Escuela do xornal La Voz de Galicia. Educar en igualdade, ao tempo que nos fala dos micromachismos cotiáns e das sutís maneiras do patriarcado. Un libro de axuda a familias e profesionais da educación.
 
 

Espazo Carpa

Tic tac toc de Pablo Díaz. Galaxia
December 4th 4:30pm - 5:00pm
Tic tac toc de Pablo Díaz. Editorial Galaxia. Con Pablo Díaz, voz, guitarra, clarinete, gaita, harmónica, Diego Barral, guitarras, Antón Díaz, baixo eléctrico, Álex Fente, acordeón, Carlos Freire, batería e Olga Kirk, voz, baile e percusión.
 
Sindicato da Noite. Inquedanzas Sonoras
December 4th 5:20pm - 5:50pm
Sindicato da Noite. Inquedanzas Sonoras. Presentación da banda galego-cubana con José Manuel Díaz, baixo, Su Garrido, cantante, Felipe Villar, guitarrista, Max Gómez, batería e Álex Salgueiro, teclados.Banda galego-cubana de música alternativa, entre o jazz e o pop-rock, e presentación do seu disco homónimo. Un traballo no que o compositor e contrabaixista cubano José Manuel Díaz retrata a sociedade actual dunha maneira fina e contundente. Letras certeiras e melodías redondas para un disco e un directo cheo de enerxía.

 
 
Ezetaerre. Atadeiras
December 4th 6:10pm - 6:40pm
Con Petrowski, Pirola e Garchu, gañadores do III concurso Revenidas de Música Emerxente que presentan o seu primeiro longa duración. Hip hop con bases folk.
 
Zurrumalla. Inquedanzas Sonoras
December 4th 7:00pm - 7:30pm
Presentación do segundo disco do grupo que leva por título “Camiño por ti.
 
Coro Galego Cántigas e Frores
December 4th 1:30pm - 2:00pm
Coro Galego Cántigas e Frores. Con repertorio lugués dos anos vinte e trinta.
 
Son. Paloma Suanzes
December 4th 11:15am - 11:45am
Son. Paloma Suanzes. Musicarte. Con Paloma Suanzes, guitarra e voz.
 
A voz do vento. A Mesa
December 4th 12:00pm - 12:30pm
A voz do vento. A Mesa. Concerto con Fran Amil e A Tribo Incomprensíbel.A designación de Manuel María como homenaxeado coas Letras Galegas de 2016constitúe unha moi boa oportunidade para a difusión e lectura da súa obra.A Mesa pola Normalización Lingüística quere contribuír a dar a coñecer a obra de ManuelMaría. O libro-CD A voz do vento inclúe 11 poemas de diferentes libros de ManuelMaría musicados por Fran Amil e A Tribo Incomprensíbel a ritmo de rock.
 
Orfeón Mariñeiro do Berbés. Inquedanzas Sonoras
December 4th 12:45pm - 1:15pm
Orfeón Mariñeiro do Berbés. Inquedanzas Sonoras
 
 

Espazo Infantil

Campionato de puzzle + Obradoiro Monicreques
December 4th 4:30pm - 5:45pm
 

No Espazo Infantil ás 16:30

Campionato de puzzle. Punto e Coma.

Obradoiro “Monicreques en igualdade”. Barriga Verde. Aforo limitado.
 
Os soños na gaiola. Títeres Alakrán
December 4th 6:00pm - 6:30pm
Os soños na gaiola. Títeres Alakrán. Os soños na gaiola de Manuel María é unha obra de monicreques para público infantil e familiar. Con Títeres Alakrán e o dramaturgo e director Roi Vidal.
 
Na procura da canción perdida. Producións Dispersas
December 4th 6:45pm - 7:15pm
O protagonista de “Na procura da canción perdida” perdeu algo moi importante: a súa canción para ir durmir... Onde marcharía? Non lle queda outra que iniciar unha viaxe tola e surrealista polo mundo enteiro para recuperala, coa inestimable axuda dunha chea de trebellos imposibles e a obrigada colaboración do público, que se converterá en protagonista do espectáculo. Co actor Diego Freire.
 
Os xoguetes de Clío. Unha homenaxe a Carlos Casares
December 4th 7:30pm - 8:00pm
"Os xoguetes de Clío. Unha homenaxe a Carlos Casares". Polo correo do vento. Un contacontos ilustrado.
 
A meniña de libros. Patasdepeixe
December 4th 1:30pm - 2:15pm
A meniña de libros, de Oliver Jeffers e Sam Winston. Patasdepeixe.
 
Pesdelán. Entroidanzas
December 4th 11:30am - 12:00pm
Pesdelán Entroidanzas. Producións Merlo Branco. Obradoiro-baile do novo espectáculo e DVD de Pesdelán.
 
Obradoiro de xogos educativos. Galileo
December 4th 12:15pm - 1:15pm
Obradoiro de xogos educativos para nenas e nenos entre 2 e 14 anos. Galileo.
 
 

Salón de actos

Torre de Breoghán. Abano Producións
December 4th 6:00pm - 7:00pm
Proxección do documental sobre a última produción musical do grupo folk Luar na Lubre xunto coa Orquestra Sinfónica de Galicia e coloquio con Chelo Loureiro, produtora, e Jorge Coira, director.
 
Os días afogados
December 4th 4:00pm - 5:30pm
Os días afogados. Proxección do documental e coloquio cos directores César Souto e Luis Avilés, e o produtor Iván Patiño
 
"Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra”. Nós Produtora
December 4th 1:00pm - 2:00pm
Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra”. Nós Produtora. Proxección do documental coa participación de Xosé Luis Ledo, produtor, e Carme Vidal, guionista.
 
 

Auditorio do Pazo da Cultura

María Fumaça. Aire. Sonárbore. Galaxia
December 4th 12:00pm - 1:00pm
María Fumaça. Aire. Sonárbore. Editorial Galaxia. Espectáculo de pago dirixido a público infantil e familiar. Entrada: 6 euros máis gastos de xestión en www.ataquilla.com.

Velaquí a terceira entrega da familia María Fumaça. De novo e coma sempre, cancións de diferentes estilos presididas pola mesma filosofía do primeiro traballo: a alegría de vivir, de ser, de estar no mundo, de compartir. Unha ollada diferente sobre o mundo. Unha ollada mellor. María Fumaça é un proxecto musical de celebración da vida no que participaron, como nas anteriores entregas, ducias de artistas cantando a alegría de vivir. Entre outros, Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Isaac Palacín, Tanxarina, Carlos Blanco, Ruí, a Familia Domínguez Senlle e moitas amigas e amigos máis… No concerto recréase o espírito desta locomotora festeira para presentar o novo CD-DVD.

Cuberta Aire - copia

 
 
 

Sala de exposicións

Pegadas na terra
Dec 2nd 11:00am - Dec 4th 8:00pm
En 2016 a arte contemporánea volve ser central en Culturgal 2016. “Pegadas na terra” é unha mostra colectiva comisariada por Paula Cabaleiro e Antón Sobral na que dezaoito artistas se achegan á natureza. Promovida pola Deputación de Pontevedra, nela participan María Álvarez, Alberto Bidarra, Carla Andrade, Xoán Cerviño, Roi Domínguez, Maribel Longueira, Bibi Martín, Xurxo Oro Claro, Alberto Pena, Lemuel Quiroga, Reme Remedios, Neves Seara, Jorge G. Valenciano, Edu Valiña, Christian Villamide, Román Corbato, Miguel Benjumea e Fran Herbello.

“O individuo utilizou o camiñar, dende os comezos da súa existencia, como a forma mais inmediata de relacionarse co mundo, co seu contexto máis inmediato. Camiñar é universal. É unha acción individual e introspectiva, á vez que representa a independencia e a liberdade. Pero tamén pode construír espazo, articular territorio, establecer relacións, que marcan un tempo e un lugar, unha distancia. Por iso o/a artista fixo uso do camiñar como unha das súas ferramentas para explorar o mundo”, explican os comisarios Paula Cabaleiro e Antón Sobral.

Dende as primeiras visitas organizadas polos dadaístas aos "non lugares" de París ao redor de 1921, onde o camiñar entendíase como unha experiencia estética, o acto de andar comezaba a practicarse así mesmo como unha forma de anti-arte. A deriva situacionista e a deambulación dos surrealistas, e, por suposto, o land art, supuxeron unha fenda na forma de abarcar este xénero, sendo unha referencia incuestionable para os artistas actuais, que desenvolven o seu traballo ao redor da paisaxe. Grandes artistas do Land-art como Smithson, Long, Christo ou Walter de María transformaron a forma de representar a paisaxe, tomando a natureza como soporte e non como un fin para a súa obra.

A presente mostra "Pegadas na Terra" amósanos diferentes maneiras de achegarse á natureza, diferentes olladas contemporáneas sobre a paisaxe e o territorio, sobre a contorna, o tempo e a distancia, a través de pezas de escultura, instalación, fotografía, vídeo, pintura e debuxo. O orgánico, o caduco, a temporalidade dos elementos, a distancia, a textura, a cor. As obras expiran feitos. Unha sorte de reflexións que nos achegan á experiencia, a esa experiencia primixenia do/a artista dende o sentir, vivir, escoitar e percorrer a terra, pisando, recollendo, colleitando, fotografando...

 
 
 

Outros Espazos

 

Podes engadir eventos da programación a unha lista personalizada para sinalar os eventos do teu interese. Para facelo desprega a información do evento e pulsa sobre o botón “Engadir ao meu programa”. Unha vez que teñas configurado o teu programa persoal pulsa sobre a icona da impresora ui-icons_222222_256x240 (esquina superior dereita da grela) e imprime o teu programa

Podes descargar o programa en PDF premendo NESTE LINK