Última actualización 04 Decembro, 2017 1:27 PM

Programación Culturgal 2017

  • 10:00am
  • 11:00am
  • 12:00pm
  • 1:00pm
  • 2:00pm
  • 3:00pm
  • 4:00pm
  • 5:00pm
  • 6:00pm
  • 7:00pm
  • 8:00pm
  • 9:00pm
  • 10:00pm
 
  • 10:00am
  • 10:30am
  • 11:00am
  • 11:30am
  • 12:00pm
  • 12:30pm
  • 1:00pm
  • 1:30pm
  • 2:00pm
  • 2:30pm
  • 3:00pm
  • 3:30pm
  • 4:00pm
  • 4:30pm
  • 5:00pm
  • 5:30pm
  • 6:00pm
  • 6:30pm
  • 7:00pm
  • 7:30pm
  • 8:00pm
  • 8:30pm
  • 9:00pm
  • 9:30pm
  • 10:00pm
  • 10:30pm
 

Espazo Foro

Memoria dixital de Galicia. Secretaría Xeral de Cultura e Amtega.
December 2nd 12:15pm - 1:00pm

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a directora da Axencia Galega para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, presentan este novo proxecto para a xestión e a conservación do patrimonio bibliográfico, arquivístico e museístico galego baseado nas tecnoloxías.

 
Papagaio, un xornal para xente miúda. Con Abraham Carreiro.
December 2nd 11:45am - 12:15pm
 
Presentación Vive Rosalía! Punto e Coma Allariz.
December 2nd 4:30pm - 5:00pm

Con César Lorenzo Gil e Miguel Robledo.

 
Rosalía Total, produto & cultura. Con Galiestampa e byKoala.
December 2nd 5:00pm - 5:30pm

Participan Francisco Barberá director-xerente de byKoala, Irene Silva, creadora desta liña de souvenirs, e Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro.

 
Youtubeiros á conversa. Premios Youtubeir@s.
December 2nd 1:00pm - 1:30pm

Presentación dos Premios na súa segunda edición e conversa con divers@s youtubeir@s galeg@s arredor da súa actividade nunha das redes sociais máis influíntes do momento. Modera a conversa: Alberto Oubiña, concelleiro de Normalización Lingüística do concello de Pontevedra.


Youtubeir@s convidad@s:


  •     Raquelma González (gañadora Youtubeir@s 2017)




  •     Rocío Romar, youtubeira (mención honorífica Youtubeir@s 2017)




  •     Jun Dinamita, youtubeiro (mención honorífica Youtubeir@s 2017)



 
Presentación Ano da Língua. Deputación de Pontevedra.
December 2nd 1:30pm - 2:00pm
 
“Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas”. Secretaria Xeral de Cultura.
December 2nd 6:00pm - 6:30pm

A chegada a Galicia desta xoia da literatura medieval galego-portuguesa e a súa exposición por primeira vez na historia, no Museo do Mar, constitúen todo un fito cultural. Para afondar no valor das sete cantigas de amigo de Martín Códax, os profesores Pilar Lorenzo e Carlos Villanueva explican a singularidade do Pergamiño Vindel na súas dimensións literaria e musical.

 
Invisibles. De homes e mulleres. De maltratadores e torturadas. Concello de Pontevedra.
December 2nd 5:30pm - 6:00pm

Con Montse Fajardo, autora, e Carmen Fouces, concelleira de Cultura.

 
Apresentação dos cursos aPorto.AGAL.
December 2nd 6:30pm - 7:00pm

Coa coordenadora, Graciela Lois, e aula zero com uma das docentes, Inês Oliveira.

 
Presentación nova web da revista Luzes.gal.
December 2nd 7:00pm - 7:30pm

Con Valeria Pereiras, responsable de contidos, e Antón Losada, membro do consello de redacción.

 
Herdeiras. Presentación do libro-CD. Inquedanzas Sonoras.
December 2nd 7:30pm - 8:00pm
Carmen Penim, impulsora do proxecto 'Herdeiras', presentará este libro CD coa presencia dalgunhas das persoas colaboradoras: Luís Bará, Marta Dacosta e Marga do Val falarán deste traballo. Carmen estará acompañada pola coreógrafa e bailarina de 'Herdeiras', Xiana Vilas, e do pianista Maurizio Polsinelli para interpretar en directo dous dos temas do disco. Ademáis poderse ver a curtametraxe 'Bucle', que Margarita Ledo fixo para Herdeiras e que está incluído xunto coa música de Carmen no CD que acompaña o libro. Herdeiras xira arredor da construción da identidade, da visibilización, do sentido de herdanza e recupera as historias das mulleres represaliadas.
 
Presentación da Semana do Libro de Compostela (Selic). Concellería de Acción Cultural do concello de Santiago de Compostela.
December 2nd 8:00pm - 8:30pm
 
Presentación dos tres primeiros títulos de Aira Editorial.
December 2nd 8:30pm - 9:00pm

Participan César Lorenzo Gil, Samuel Solleiro, Estíbaliz Espinosa, Jorge Campos e Xosé Miranda.

 
 

Espazo Libro

Presentación Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Concello de Pontevedra.
December 2nd 12:00pm - 12:30pm

Unha cita de referencia con nova edición en abril de 2018, co lema “Mulleres de conto” e con México como país convidado.

 
Presentación das novas obras ilustradas dos libros de María Victoria Moreno. A bretema e O amor e as palabras. Urco Editora.
December 2nd 12:30pm - 1:00pm

Con María Montes, ilustradora, David Cortizo, editor, e Xavier Senín, asesor editorial.

 
Presentación do XXXVII Caderno Ramón Piñeiro. Carlos Casares: Homenaxe. De Amicitia. Secretaría Xeral de Política Lingüística.
December 2nd 11:30am - 12:00pm

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades edita, no marco da programación conmemorativa das Letras Galegas 2017 impulsada pola Xunta de Galicia, un volume que recolle medio cento de achegas doutros tantos autores que se suman ao tributo do 17 de maio e que constitúe un magnifico colofón a un ano inzado de estudos, traballos e reflexións sobre o xornalista, político, narrador e intelectual ourensán. Interveñen:Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Christian Casares Berg, representante da Fundación Carlos Casares, Xosé Luís Cochón Touriño e Luís Alonso Girgado, coordinadores do volume.

 
Lectura co escritor João Tordo.
December 2nd 1:45pm - 2:15pm
Portugal na Culturgal.
 
CONVERSAS NORTEAR. Secretaría Xeral de Cultura e Direção Regional de Cultura do Norte e AECT.
December 2nd 4:30pm - 5:30pm

Con Portugal como protagonista na décima edición de Culturgal, as Conversas Nortear propoñen un diálogo entre as literaturas galega e lusa con dous recoñecidos escritores das dúas beiras do Miño, Miguel Sande e Virginia do Carmo. Portugal na Culturgal.

 
Presentación de Uxía-O. Uxía canta a Uxío, un proxecto da Fundación Uxío Novoneyra apoiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais pola Deputación de Lugo.
December 2nd 1:00pm - 1:45pm

Interveñen: Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Uxío Novoneyra, secretario da Fundación Uxío Novoneyra, Pilar García Porto, deputada de Cultura de Lugo, Uxía, cantora, e Niko Alvarellos, editor.

 
Um elefante no armário. Através Editora.
December 2nd 5:30pm - 6:00pm

Presentación con Teresa Moure, autora.

 
Luzes.
December 2nd 6:00pm - 6:30pm

Presentación número da revista con Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro.

 
Conversa con Ledicia Costas ao redor de A señorita Bubble. Xerais.
December 2nd 6:30pm - 7:00pm
 
Poesía galega ao abeiro de Tambo. Kalandraka Editora.
December 2nd 7:00pm - 7:30pm

Cos poetas Cesáreo Sánchez Iglesias, Xavier Seoane, Lucía Novas, Isaac Xubín e or parte da editora, Paz Castro

 
Conversa de Malores Villanueva con María Solar, autora de Os nenos da variola. Galaxia.
December 2nd 7:30pm - 8:00pm
 
Conversas de Xerais.
December 2nd 8:00pm - 8:30pm

Conversa con Santiago Lopo, autor de A arte de trobar (Premio Xerais de Novela) e Manuel Lourenzo González, autor de Ceiba de Luz (Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil). Coa xornalista Teresa Cuíñas.

 
Conversa con Pedro Feijo ao redor de Os fillos do lume. Xerais.
December 2nd 8:30pm - 9:00pm

Coa xornalista Teresa Cuíñas.

 
 

Espazo Carpa

DOUS. Presentación do disco A viaxe de Yoyo.
December 2nd 1:30pm - 2:00pm

Con Fernando Abreu, clarinete, e Pablo Carrera, cordas.

 
O Conto das três nozes que eram romãs, que eram maçãs, que eram... Camões, I.P. / Centro Cultural Português em Vigo.
December 2nd 11:30am - 12:00pm

Co grupo de teatro amador en portugués Eu.Experimento. Portugal na Culturgal.

 
María Fumaça. Presentación 5º ANIVERSARIO. Galaxia. Sonárbore.
December 2nd 4:30pm - 5:00pm
 
O Carballiño vive. OZOCOgz
December 2nd 12:30pm - 1:00pm

Con Eladino Cabanelas, Roberto Sobrado (cantautor), 4Mal Quartet Jazz.

 
Grupo de Fados ISE.IPP.
December 2nd 5:15pm - 6:00pm

Desde Porto, dous cantores acompañados de guitarras clásica e portuguesa. Portugal na Culturgal.

 
Banda Crebinsky. Presentación do disco Zircus Affe.
December 2nd 8:30pm - 9:00pm

Con Pablo Perez, contrabaixo, Sergio Zearreta, voz, Pablo Carrera, guitarra e voz, Xacobe Lamas, violín, e Enrique Otero, teclados e voz.

 
Robertoliveira Artista Percusión.
December 2nd 6:30pm - 7:00pm
 
Coro Encaixe en directo. Fds Producións.
December 2nd 7:30pm - 8:00pm
Unha potaxe musical nada das inquedanzas e gustos musicais e artísticos de todos os que compoñemos esta formación vocal. Toda esta variedade estilística converxe nunha aposta forte pola música elaborada neste país facendo versións vocais de grupos como Marful., Dhais ou Berrogüeto.

O pasado 2015, presentámonos ao concurso da TVG "Oh Happy Day" do que resultamos gañadores e no que reforzamos máis aínda as bases do que hoxe é o coro para nós: un lugar onde todos encaixamos, onde disfrutamos da música e onde poder ir libremente descalzos.
 
 

Espazo Infantil

Concerto PunkInfantil. Charlatana S. Coop. Galega.
December 2nd 1:30pm - 2:00pm

Con Peter Punk Pallaso e Brais das Hortas.

 
Globotolo. Barafunda Animación.
December 2nd 8:30pm - 9:00pm

Un espectaculo baseado no arte de darlle forma o aire con globos.

 
Ciencia á Feira con Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia co apoio do Instituto de Investigacións Mariñas IIM -CSIC e DivulgACCIÓN.
December 2nd 11:00am - 1:00pm
PROGRAMA DivulgACCIÓN

11.00h-Presentación de DivulgAcción e introducción ao Punto Científico “Ciencia á Feira”.
11.05h-Introducción do obradoiro Un bosque no peto, con Conchi Sánchez e Nieves Vidal de IIAG-CSIC Galicia.

11.20h-Historia da informática en Galicia_Henrique Neira (Xornalista) Charla de 15 minutos para dar a coñecer a cronoloxía da historia da informática en Galicia editada polo CPEIG.

11.40h-Como interpretar un artigo científico. _Francisco Rodríguez Hernández (Instituto Español de Oceanografía). A velocidade que esixen os medios de comunicación desemboca moitas veces en erros graves sobre a interpretación de artigos científicos. Nesta charla discutirei sobre algunhas precaucións de cara a evitar malinterpretacións, poñendo un exemplo real: as proliferacións de cianobacterias en Canarias no verán de 2017.

12.00h-Cuanto más primo… más me arrimo_Valentín Estévez Souto (Estudante de bioloxía da USC). Os riscos da endogamia e os seus efectos sobre a dinastía dos Austrias españois, explicando o caso da infertilidade de Carlos II “El Hechizado”.

12.20h-Estás seguro?_Casto Rivadulla, (Grupo Neurocom - UDC) Coñecendo mellor o noso cerebro.

12.40h-Andar ás crebas_Luisa Martínez (CSIC Galicia), Non hai moto tempo a xente percorria as praias en busca de materiais e obxectos de valor traidos polo mar. Hoxe en día, camiñando pola area cos ollos curiosos, pódense atopar ademais organismo singulares que falan do que hai baixo as augas e non podemos ver.

13.00h-SyngDoc: O descoñecido mundo dos signátidos_Pepe Pintado (CSIC Galicia).

11.00 A 13.00h- OBRADOIROS EN PARALELO ÁS CHARLAS

_CIENCIA EN MOVEMENTO_con varios experimentos científicos

_UN BOSQUE NO PETO_con Conchi Sánchez e Nieves Vidal de IIAG-CSIC Galicia

_BIOTECNOLOXÍA NA COCIÑA_ con Víctor Arce e Jose A. Costoya, do CIMUS-USC

Empregando ingredientes que podes atopar en calquera cociña, aillaremos o material xenético que contén as instruccións para facer un amorodo. Ademáis amosaremos como os lévedos nos axudan a a comprender mecanismos fundamentáis da Bioloxía.
 
Contacontos ilustrado Serie GLIZ con Anxo Fariña. Xerais.
December 2nd 5:00pm - 5:30pm
 
Bzzzoira Moira. Teatro e Marionetas de Mandrágora.
December 2nd 6:00pm - 6:30pm

A partir de 6 anos. Portugal na Culturgal.

 
O raposo Rufo.Edicións Embora.
December 2nd 7:00pm - 7:30pm

Contacontos con Dani Viéitez, autor, e Iria Iglesias, ilustradora.

 
Gombó e Canta a lúa coas estrelas. Edicións Fervenza.
December 2nd 7:45pm - 8:15pm

Dramatización do conto “Gombó e o medo á escuridade” e posteriormente "Canta a lúas coas estrelas". Con Ánxela Gracián, autora, Christian Villamide, ilustrador, e Armando Requeixo, escritor e crítico.

 
 

Salón de Actos

O rastro que deixamos.
December 2nd 12:00pm - 1:30pm

Proxección e coloquio. Asisten: Goretti Sanmartín (Vicepresidenta Deputación da Coruña), Mª Dolores Candedo Gunturiz e Xosé Lastra Muruais, presidenta e vicepresidente de Nova Escola Galega. SALÓN DE ACTOS

 
Sicixia.Cinemas de Galicia.
December 2nd 5:00pm - 7:00pm

Proxección e coloquio con Ignacio Vilar, director.

 
MIA.Curtametraxe.
December 2nd 4:30pm - 5:00pm

Con Michael Cassidy, director, e Elba Pedrosa e Antón Cancelas, actores.

 
Mimosas. Cinemas de Galicia.
December 2nd 7:00pm - 8:10pm
Proxección.
 
 

Arte Contemporánea

Conversa con Nuno Faria, director do Centro Internacional de Arte José de Guimarães.
December 2nd 11:30am - 12:00pm
Conversa de Antón Sobral con Nuno Faria, director do Centro Internacional de Arte José de Guimarães. Portugal na Culturgal.



 
Derrubando muros con pintura. Concello de Carballo.
December 2nd 12:00pm - 12:30pm

Presentación do libro con Xosé Regueira, concelleiro e Maite Parga, técnica.

 
Obradoiro de arquitectura. CGAC.
December 2nd 12:30pm - 2:00pm

Entre 6 e 11 anos. 15 prazas. Inscrición previa.


Os talleres consistirán na construcción dunha maqueta de gran tamaño da fachada do edificio do CGAC deseñado polo arquitecto Álvaro Siza. É unha didáctica experimental que fomenta a reflexión e a creatividade individuais e o traballo en equipo a través do xogo e de dinámicas de construción a grande escala.


Durante as dúas sesións dos talleres aplicarase a didáctica do Sistema Lupo (ideado polo arquitecto Fermín Blanco), tanto nos contidos como no material empregado. Lupo está constituído por unha serie de pezas modulares que permiten múltiples posibilidades combinatorias,
formas, proporcións, xogos de equilibrio e estratexias de acción.

A metodoloxía inclúe unha parte teórica, na que se exporán as claves da arquitectura de Álvaro Siza como a escala, o medio no que se inscribe, a volumetría, os materiais, as estructuras ou a luz. A continuación abordaranse unha serie de retos construtivos prácticos para rematar levantando a fachada sur e oeste do CGAC.

 
Borrar las huellas de la memoria. la doce. Performance con Endika Basaguren.
December 2nd 6:00pm - 7:00pm
 
Presentación de proxectos da Asociación de Fotografía Galega (FOG).
December 2nd 5:00pm - 5:30pm
 
 

Outros Espazos

Andrea Pousa presenta o disco “Respirar”. Nalgures Producións.
December 2nd 9:30pm - 11:30pm

AUDITORIO DO PAZO DA CULTURA. Espectáculo de pago. Entradas en ataquilla.com

 
Somos Quen. Radio Galega
December 2nd 9:30am - 12:00pm

Emisión en directo do programa da Radio Galega conducido por Mª Xosé Rodríguez. HALL PAZO DA CULTURA

 
Asemblea AGAL.
December 2nd 11:00am - 12:00pm

AULAS

 
A Musicleta e Os Instrumentos Máxicos.
December 2nd 11:30am - 12:30pm

Con Pulpiño Viascón e o Sr Líli. Pulpiño ten moitos instrumentos, como o famoso serrucho máxico, un acordeón electrónico e unha gameboy. O Sr Líli ten unha musicleta! Unha bicicleta totalmente adaptada para un pasarrúas con amplificación propia. Un espectáculo para tódalas idades que percorre a Feira. ITINERANTE

 
Encontro entre representantes de Correntes d'Escritas em conversa com Asociación Escritores e Escritoras en Lingua Galega.
December 2nd 7:00pm - 8:00pm
Encontro entre representante de Correntes d'Escritas em conversa com Asociación Escritores e Escritoras en Lingua Galega. Direçao Regional de Cultura do Norte. AULAS. Portugal na Culturgal
 
Happening poético Festival Kerouac
Dec 2nd 7:00pm - Dec 7th 7:30pm
No hall do Pazo da Cultura.
 
 

Podes engadir eventos da programación a unha lista personalizada para sinalar os eventos do teu interese. Para facelo desprega a información do evento e pulsa sobre o botón “Engadir ao meu programa”. Unha vez que teñas configurado o teu programa persoal pulsa sobre a icona da impresora ui-icons_222222_256x240 (esquina superior dereita da grela) e imprime o teu programa